Jorge Martínez. Por @DulceCorcu

Un nome e apelido do máis común, que posuirán non poucos españois, pero que non precisou seudónimo nin nome artístico para facerse recoñecible e inconfundible cando falamos do grupo ‘Ilegais» de Xixón. O seu mítico vocalista e guitarrista vén de anunciar que padece cancro, e iso implica deixar os escenarios por unha tempada indefinida, para congoxa de moitos galegos que tiñan previsto velo a vindeira semana na Coruña, onde a banda ía tocar no «Noites do Porto» que xa non poderá contar coa súa carismática figura.

Atemporal porque é deses músicos que non só reverencian os daquela xeración dos oitenta  que ían a toda hostia pola estrada (aínda non existía o carné por puntos) ou berreaban «Heil Hitler» sen o menor temor a acabar no Tribunal Supremo por exaltación do nazismo. Irreverencia que hoxe case rozaría o delito, pero que marcaron unha época con letras descarnadas e sen tapuxos, crúas e protagonizadas por perdedores que afogaban as penas en alcol e en submundos onde os heroes non tiñan cabida. Jorge Martínez, alén a vertente musical, é unha personaxe que nunca apea a chupa de cuero, que viste incluso cando non a leva posta e que opina cunha franqueza á que non estamos acostumados nestes tempos onde o que impera é o políticamente correcto por aquelo de non me vaian cancelar. Agora, máis que nunca, cómpre desexarlle o que tantas veces leva cantado nun dos temas que máis identifican ao grupo: 

«Levántate y lucha

Esta es tu pelea

Levántate y lucha….

(Tiempos nuevos, tiempos salvajes. Ilegales)

Comparte éste artículo
No hay comentarios