Hoxe, 20 de setembro de 2025, a Serra do Larouco esperta cuberta pola cinza. É unha mañá máis na que o lume devora as nosas paisaxes, dende as terras do Bolo ata os Canóns do Sil-Ribeira Sacra, e agora de novo no corazón da Raia. E mentres a natureza se consume, a Conselleira de Medio Ambiente, María Ángeles Vázquez Mejuto, semella ausente, coa súa ollada posta no mar, «de paseo» pola costa.
A vergoña e a impotencia son o único que non arde.
Fotografía da portada. Serra do Larouco a comezo do día de hoxe, 20/09/2025