O Partido Popular da provincia de Lugo, expresou a súa firme condena e «profundo rexeitamento» ante o recente ataque con artefactos incendiarios dirixido ao inmoble destinado a centro de acollida para menores migrantes en Monforte.
A condena foi manifestada a través das redes sociais por varios representantes do partido, entre eles o portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide,:»Quero trasladar a miña condena e profundo rexeitamento a calquera tipo de acto violento que, en ningún caso, é xustificable.» «Máximo respecto agora ao traballo dos corpos policiais, que son os que deben determinar o sucedido no centro de Prodeme.». A presidenta e portavoz do PP en Monforte de Lemos, Katy Varela escribiu » Desde o @PPdeMonforte condenamos calquera acto violento que suceda, como o ocorrido esta madrugada na nosa cidade contra un edificio da asociación Prodeme. «Agora, máximo respecto ante a investigación dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado».
Outros membros do Partido Popular da provincia de Lugo tamén reiteraron nas súas redes sociais que «a violencia non é o camiño» e manifestaron a súa esperanza en que as investigacións da Policía Nacional e Guardia Civil»determinen o sucedido».