Presentado no Vello Cárcere o libro “Quid et quomodo”, unha novela sobre Francisco Blanco, un santo ourensán crucificado no século XVI en Xapón

O escritor Francisco J. Ruiz de Aldereguía presentou o seu libro máis recente, Quid et quomodo, “unha novela sen desenlace”, centrada no santo galego Francisco Blanco, un rapaz de Tameirón, en Ourense, que, xesuíta primeiro, e franciscano despois, marchou ao Xapón a evanxelizar e alí atopou a morte, crucificado en 1597, aos 26 anos. A historia do santo é a guía que segue o autor para contar, noveladamente, unha historia moi descoñecida en Galicia, que é, en síntese, a competencia entre xesuítas e franciscanos por cómo evanxelizar esa parte do mundo que tiña unha cultura avanzada cando españois e portugueses chegaron alí. Unha historia que é parte da nosa propia historia.

Francisco J. Ruiz de Aldereguía é, como él mesmo se define un mariño (capitán de fragata) varado na Ribeira Sacra dende a súa xubilación. Este é o quinto libro que publica.

Co autor, estiveron a concelleira de Cultura, Tareixa Ferreiro, e Manuel Julio Platero, que foi o encargado de presentar ao autor da obra.

O acto de presentación estivo organizado por José Manuel, titular da librería Valín Libros.

Comparte éste artículo
No hay comentarios