A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, xunto con distintos membros do goberno municipal, participou esta mañá na tradicional cuestación organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en diferentes puntos da cidade.
A alcaldesa quixo sumarse, como unha voluntaria máis, a esta iniciativa solidaria, colaborando nas mesas informativas e animando á cidadanía a participar nunha campaña que ten como obxectivo recadar fondos para seguir avanzando na investigación e mellorar a atención ás persoas con cancro e ás súas familias.
Elena Candia destacou tamén a importancia de seguir sensibilizando á sociedade arredor dunha enfermidade que está presente en moitas familias e puxo en valor o traballo constante que realiza a Asociación Española Contra o Cancro tanto no acompañamento ás persoas enfermas como no impulso á investigación.