Obradoiro de creación literaria A oralidade na escrita: un camiño de ida e volta, impartido por Paula Carballeira, en Pontevedra

Unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.

Trátase de recoñecer as pegadas da nosa tradición oral na literatura, pero tamén de identificar os xogos, estruturas, recursos e tipos que empregamos ás veces nos relatos, poemas, cantigas ou pezas de teatro coas que transmitimos unha maneira de sentir e de compartir o mundo que nos rodea.

Trátase de experimentar a liberdade desa xustiza poética que equilibra na ficción o que na realidade se desaxusta.

Trátase de construir imaxinarios grazas ao poder de suxestión das palabras, e de propoñer posibilidades.

Trátase en fin, de camiñar da oralidade á escrita e da escrita á oralidade, indo e volvendo, traendo, levando.

Será impartido por Paula Carballeira.

– 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode facerse enviando un correo electrónico indicando o nome e apelidos ao correo electrónico oficina@aelg.org.

– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).

Calendario

– Días: Venres 3, sábado 4, venres 10 e sábado 25 de outubro; venres 7, sábado 8 e sábado 22 de novembro de 2025.

– Horarios:
Venres: de 17:00 a 20:00 h.
Sábados: de 10:00 a 13:00 h.

Comparte éste artículo
No hay comentarios