A popular pregunta “que ten que ocultar o alcalde” e advirte que está a “incumprir a lei” ao non resolver sobre a solicitude explicando os motivos no período de 5 días naturais como establece o artigo 77 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local.
A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, advirte que o alcalde está a incumprir a lei ao negarlle o acceso a un expediente municipal e, polo tanto, pregúntalle “que é o que non quere que saibamos os veciños e veciñas”.
A popular explica que “solicitei en tres ocasións acceso e copia desa documentación sobre o convenio de cesión temporal do autobús do Concello para fins deportivos a unha entidade doutro municipio. Teño dereito como concelleira da corporación municipal, pero que en ningún caso a puiden obter”. Polo tanto, “estase a vulnerar os meus dereitos como representante dos meus veciños e veciñas na Corporación municipal”.
Nicole Grueira rexistraba o 9 de xullo a súa primeira solicitude. Foi citada para un mes despois -o 13 de agosto-, pero non conseguiu acceder ao expediente nesa data ao non dispoñer de servizo de Secretaría no Concello nin ter o alcalde adoptado medidas para facilitar a consultar da documentación na data que el mesmo establecera cun mes de antelación.
Como consecuencia desta situación, o propio 13 de agosto presentaba novo escrito dando conta do ocorrido e solicitando novamente o acceso ao expediente, sen obter resposta. Posteriormente, o 16 de setembro volvía solicitar acceso e copia desa documentación sen obter resposta de ningún tipo a día de hoxe.
Grueira advirte que está a “incumprir a lei” ao non resolver sobre a solicitude explicando os motivos no período de 5 días naturais como establece o artigo 77 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local.
A portavoz popular condena “os impedimentos” que pon o alcalde socialista “á hora de realizar o noso labor e exercer os nosos dereitos”. Así mesmo, explica que “a consulta dese expediente permitiría poñer luz sobre a forma de xestionar do alcalde”.
Ante a falta de transparencia do goberno socialista que preside Lino Rodríguez, Grueira asegura que “dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Pol continuaremos sendo rigorosos, desenvolvemento a nosa labor de fiscalización da súa acción de goberno -que, como todos sabemos, leva ao Concello a unha situación de débeda inasumible- e solicitando a información que nos recoñece a lei”.