O PP defenderá no pleno que se realice de inmediato a renovación do firme do aparcadoiro do cemiterio de Monforte antes as constantes inundacións que se produce

por Redacción Lugo

Katy Varela explica que, pese a que se pediu anteriormente, o goberno local non fixo nada polo que estes días, coa intensidade das chuvias volveu a asolagarse dificultando e impedindo o acceso ao camposanto

. Como cada vez que chove con certa intensidade, a entrada do cemiterio de Monforte asolágase, “dificultando e, nalgúns casos, impedindo a entrada” ao mesmo aos veciños de Monforte.

A voceira popular Katy Varela explica que “cando chove cun pouco de intensidade” a entrada do cemiterio “asolágase considerablemente” o que dificulta o acceso ao cemiterio por parte dos veciños de Monforte.

“Estes días pasados que tanto choveu en Monforte volveuse evidenciar o mal estado do firme do aparcamento do cemiterio municipal”, ao que engade que xa se denunciou noutras ocasións e se defendeu en pleno no anterior mandato a necesidade de renovar o cemiterio municipal e os seus accesos. “Proba de que practicamente non fixeron nada é que estes días que choveu, asolagouse por completo a entrada”, sinalou.

Por este motivo, este mes defenderase de novo no pleno que, coa chegada do bo tempo, realícese unha renovación do firme do cemiterio para evitar este tipo de inconvenientes a calquera monfortino que o único que quere é visitar aos seus seres queridos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario