A UNED Sénior amplía a súa oferta en Lugo e chega por primeira vez a Monforte de Lemos

A UNED de Lugo anuncia que mañá, 27 de setembro, ábrese o prazo de matrícula da UNED Sénior, programa dirixido a persoas maiores de 55 anos interesadas en ampliar coñecementos culturais, científicos e sociais sen requisitos de titulación previa. O período de matrícula permanecerá aberto ata o 26 de outubro de 2025 e pode formalizarse presencialmente no Centro Asociado da UNED en Lugo (rúa Tolda de Castela 4B) ou en liña a través da ligazón https://extension.uned.es/actividad/47351&codigo=UNEDS.

O curso desenvolverase entre a semana do 13 ao 17 de outubro de 2025 e febreiro de 2026, cun prezo de 50 € por materia. Cada materia conta cun máximo de 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.

Oferta formativa e novidades

A UNED Sénior incrementa a súa oferta en Lugo, engadindo unha nova materia, e chega por primeira vez a Monforte de Lemos, ampliando así o acceso á formación para maiores en toda a provincia.

  • Lugo: Inglés Básico (mércores, 11:00-13:00), Inglés Intermedio (martes, 11:00-13:00) e Empezando a coñecer a Historia da Arte (xoves, 11:00-13:00).
  • Sarria: Tertulias Literarias (xoves, 17:00-19:00) e Inglés para Viaxar (martes, 17:00-19:00).
  • Viveiro: Escoitar con outros oídos (xoves, 18:00-20:00).
  • Monforte de LemosUnha aproximación ao patrimonio histórico na Ribeira Sacra (martes, 17:30-19:30).
Comparte éste artículo
No hay comentarios