O PP de Lugo recrimina a Rubén Arroxo estar máis pendente de Elena Candia que dos problemas dos lucenses

Dende o Grupo Municipal Popular lamentamos profundamente que Rubén Arroxo sega instalado nunha visión pequena da política local.

Resulta INACEPTABLE  escoitar a un membro do goberno afirmar que o aumento de poboación dificulta as maiorías absolutas, como se ese fóra o obxectivo

O único que parece preocuparlle a Arroxo é que o Partido Popular poida lograr unha maioría ampla, porque iso implicaría perder o sillón que ocupa agora no bigoberno do Concello de Lugo. Esa é a realidade: está máis pendente de Elena Candia que de solucionar os problemas dos lucenses.

Mentres Lugo precisa solucións e proxectos serios, o BNG dedica o tempo a atacar á voceira do Grupo Popular en lugar de celebrar aquello  que levan dous anos anunciando e que, como se acaba de demostrar, non era certo.

As declaracións de Arroxo son o reflexo da súa propia mediocridade política: a de quen asume que só pode aspirar a gobernar perdendo eleccións e a de quen confía máis nos pactos de despacho que no respaldo da cidadanía.

Está claro que Rubén Arroxo está máis preocupado polo futuro do BNG que polo futuro de Lugo

Comparte éste artículo
No hay comentarios