Katy Varela explica que “cando se proxecta crear novas zonas de ocio ou novas infraestruturas, non é suficiente con contar cun orzamento para a súa creación, tamén hai que reservar partidas a futuro para mantelas en bo estado”.
Dende o Grupo Municipal do PP de Monfortedefenderán no pleno que defenderán no pleno da próxima semana unha iniciativa para que o goberno local realice os traballos necesarios para a mellora do parque infantil do Hospital, “moi deteriorado pola total falta de mantemento” por parte do goberno de José Tomé.
A voceira popular en Monforte, Katy Varela, pon sobre a mesa “a importancia do mantemento das infraestruturas”, sobre todo daquelas zonas de ocio para os máis pequenos “porque non é suficiente con crear dotacións e espazos de ocio, senón que tamén hai que contar cunha previsión de mantemento, algo totalmente esquecido por parte de Tomé”.
A popular explica que na zona infantil do parque do hospital hai numerosas deficiencias “que provocaron queixas por parte dos monfortinos ao dar unha sensación de total abandono”. Entre outras eivas, o firme da zona destinada ao paseo e ao tránsito de bicicletas está roto e descoidado, provocando caídas.
“É primordial realizar un mantemento das infraestruturas”, algo para o que tamén defenderán a mellora da situación dos parques infantís nas parroquias que suscitaron queixas tamén entre os veciños.