O pleno da corporación de Camariñas, en sesión celebrada este venres 26 de setembro, aprobou por unanimidade unha moción do BNG que insiste na “necesidade urxente” de mellorar a seguridade e o trazado da estrada provincial DP-1601, que une Ponte do Porto con Camelle, sé suficiente un simple asfaltado da vía, senón que hai que acometer unha intervención máis ampla e integral que mellore as condicións de circulación dos vehículos.
Na iniciativa aprobada por todos os grupos, a formación nacionalista instaba á Corporación para que urxa á Deputación da Coruña a que orzamente, proxecte e acometa a reforma integral da estrada, mellorando o trazado e dotándoa de medidas de seguridade acaídas tendo en conta a normativa actual na materia.
Ademais, o BNG advirte que a citada vía acumula máis de vinte accidentes de diversa gravidade en menos de dous anos. “Recentemente, nunha das curvas da baixada dende o Rodeiro cara Camelle chegaron a accidentarse ata tres vehículos no mesmo día, e por sorte non houbo que lamentar ningunha desgraza persoal”, sinalaron os nacionalistas.
Moción sobre transporte escolar
Por outra banda, o BNG votou a favor no pleno dunha moción presentada polo grupo municipal do PSOE relativa á falta detransporte escolar para estudantes de ensino non obrigatorio.
O voceiro do BNG, Xurxo Rodríguez, lembrou que a formación nacionalista levou ese tema ao parlamento galego, da man do deputado Oscar Insua, solicitando á Xunta que creeliñas de transporte público de autobuses para cubrir toda a demanda do alumnado de ensinanzas non obrigatorias dos institutos da Costa da Morte, entre eles, os estudantes de Camariñas que teñen desparazarse a outras localidades para cursar os seus estudos.