A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, organiza buses desde Ribadeo e Viveiro para a manifestación do 5 de outubro

A Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina convoca para o próximo domingo 5 de outubro en Santiago de Compostela  unha manifestación nacional baixo o lema GALIZA CON PALESTINA, denunciando os dous anos de xenocidio e os setenta e sete de ocupación por parte de Israel. A manifestación partirá da Alameda ás 12:00. Desde a Coordenadora Galega organizan a asistencia á mesma en buses desde as diferentes cidades e comarcas do país. No caso da Mariña haberá buses desde Ribadeo e desde Viveiro.

“Mobilizámonos o vindeiro domingo nas vésperas de que o xenocidio cumpra o seu segundo ano, para repudiar a vergoñenta pasividade dos estados nuns casos, e noutros o apoio directo aos sionistas, e mobilizámonos tamén para esixir que os culpábeis  deste regueiro interminable de crimes de guerra e contra a humanidade sexan dunha vez detidos e xulgados”  afirman desde a Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina na Mariña, unha comarca que é sensible co que está acontecendo en Gaza e que leva tempo saíndo á rúa en localidades coma Burela, San Cibrao, Viveiro, Foz, Ribadeo ou Barreiros,  manifestando a súa repulsa ao xenocidio que está levando a cabo Israel.

Desde a Estación de Autobuses de Ribadeo sairá un bus ás 8:30 e a continuación fará unha parada para recoller maís xente en Barreiros, no restaurante O Asador. Para anotarse para este bus, os teléfonos son: 982 140 654 e 982 581 861.

Desde a Estación de Autobuses de Viveiro sairá un bus ás 8:45. Para anotarse neste os teléfonos son 679 487 153 e 653 756 454.

Fotografía: Última concentración en Foz

Comparte éste artículo
No hay comentarios