O BNG reitera o seu apoio ás familias que están a protestar polos recortes educativos da Xunta nos centros escolares de Muxía

Mercé Barrientos, voceira do BNG de Muxía: “Non é de recibo que a inspectora, tras recibir ás familias, lles diga que lle dean tempo para buscar unha solución, e antes de que transcorra ese tempo comunique que non van a facer nada porque a Xunta considera que están ben como están.

O BNG de Muxía vén de reiterar o seu apoio ás ANPA’s dos centros escolares da localidade, que están a protestar nas últimas semanas polos recortes educativos da Xunta de Galiza no comezo de curso escolar no CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muíños e CEIP de Vilarmide. 

A formación nacionalista lembrou que representantes das familias reuníronse o pasado 19 de setembro coa inspectora  educativa Isabel García Vilaamosándolle a súa preocupación polos importantes recortes na educación inclusiva que están a sufrir ditos colexios, e comunicando que a falta de profesorado de apoio para os seus fillos e fillas suporía un problema na súa formación e desenvolvemento. 

Así mesmo, as ANPA’s trasladaron o incumprimento das ratios no CEIP Virxe da Barca, e sinalaron que, co o recorte de persoal levado a cabo, en caso de que un profesor ou profesora se ausente por imprevistos ou doenzas leves, non habería sequera quen acompañase ao grupo de alumnado afectado.

Segundo manifestaron as familias, a inspectora pideulles dúas semanas de tempo para tentar mellorar a situación. Mais antes de que pasase ese tempo, comunicou a un dos centros escolares que non se enviaría ningún recurso adicionala Muxía e Os Muíños, argumentando que “a situación estaba ben como estaba”.

O BNG incidiu en que o PP votou en contra dunha iniciativadefendida no Parlamento galego pola deputada nacionalista Cristina Fernández Davila, na que propoñía unha batería de medidas para garantir que todo o alumnado con necesidades específicas (NEAE) teña os recursos, especialistas e apoios que precisa para aprender en igualdade. Entre as propostas destacaban a necesidade de máis profesorado e orientadores/as, ratios máis baixas e plans estables para alumnado vulnerable.

A voceira municipal do BNG de Muxía, Mercé Barrientos, manifestou que “desde o BNG sumámonos ao enfado e desesperación das familias de Muxía, que ven como o profesorado para o alumnado máis vulnerable foi recortado; a Xunta acertará cando rectifique, e neste caso terá que rectificar”.

A portavoz nacionalista criticou a postura das autoridades educativas. “Non é de recibo que a inspectora, tras recibir ás familias, lles diga que lle dea tempo para buscar unha solución, e antes de que transcorra ese tempo comunique que non van a facer nada porque a Xunta considera que están ben como están”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios