O desbroce dunha finca privada mellora a contorna das Torres do Allo, en Zas

Os terreos da finca particular que recentemente estiveron desbrozando e adecentando, situados xusto enfronte das Torres do Allo, preto da estrada que conecta Baio con Carballo, non son propiedade do Pazo, senón dunha parcela privada adxacente.

Clarificación da actuación e a responsabilidade

Polo tanto, os responsables do Pazo non tiveron ningunha capacidade de decisión nin responsabilidade sobre esta actuación de tala de árbores, silvas e matogueiras, tal e como confirmaron a este medio de comunicación no pasado mes de setembro.

Cómpre subliñar que as árbores que se talaron non formaban parte dunha especie autóctona. Tratábase dunha plantación de piñeiros e «abetos», coníferas foráneas, realizada a principios da década do ano 2000.

Os terreos onde se atopaban esas árbores foron orixinalmente terras de cultivo de trigo desde finais do século XV (e posteriormente de millo), ata que na década de 1960 se abandonou o seu uso agrícola e quedaron en barbeito por un tempo.

A tala actual, segundo os propietarios da parcela, ten como obxectivo dedicar de novo os terreos ao cultivo de millo. Por tanto, recupérase o seu uso orixinal, o que permitirá restituír parte da paisaxe histórica que rodeaba o pazo, unha paisaxe de campos de cultivo e non de bosque de coníferas.

Aínda sen ter responsabilidade directa, desde o Pazo Torres do Allo si informaron ás autoridades competentes en materia de patrimonio cultural e medioambiental (tanto ao Concello de Zas como á Xunta de Galicia) para asegurarse de que se cumprise coa normativa vixente na contorna dun Ben de Interese Cultural e cun alto valor paisaxístico.

O importante patrimonio natural do Pazo

O Pazo Torres do Allo é un espazo de gran valor histórico e artístico que tamén garda un importante patrimonio natural e botánico, construído ao longo dos séculos e enriquecido polo labor do naturalista Víctor López Seoane.

As imaxes que adxuntamos son só un pequeno exemplo das marabillas naturais que pode descubrir se visita este paraíso natural e histórico, unha xoia para Soneira e para toda a Costa da Morte.

1️⃣ Avenida dos Carballos: aliñación que conforma un dos paseos máis emblemáticos do Pazo.

2️⃣ Gran Carballo: exemplar centenario, situado xunto ao hórreo partido por un lóstrego.

3️⃣ Abeto de Vancouver: especie orixinaria do oeste de Norteamérica.

4️⃣ Álamo: árbore de crecemento rápido e gran porte.

5️⃣ Gran Camelio: un dos símbolos ornamentais máis valiosos do xardín.

6️⃣ Entrada ao Souto: acceso ao souto de castiñeiros, parte esencial do conxunto natural.

7️⃣ Abeto de Quebec: procedente do leste de Canadá, adaptado a climas fríos.

8️⃣ Chopo: especie característica polas súas longas e rectas pólas.

9️⃣ Ciprés Común: coñecido pola súa forma estreita e esvelta.

🔟 Ciprés de Ginocchi: variedade pouco habitual, de interese botánico.

1️⃣1️⃣ Secuoia: auténtico xigante, orixinario de California.

1️⃣2️⃣ Medroño (Madroño): arbusto mediterráneo recoñecible polos seus froitos vermellos.

No verán, lévanse a cabo representacións teatrais (ou escenificacións)

Zoólogo, botánico, meteorólogo, estudou medicina, dereito, etc, …… un pouco de todo. O día 28 de setembro, Víctor López Seoane cumpriría 193 anos. Despois de casar con Francisca Riobóo, residiu nas Torres do Allo, convertendo o pazo no seu centro de traballo. Desde alí, dedicouse plenamente á investigación da fauna e flora de Galicia, logrando o descubrimento de varias especies e editando importantes libros de referencia no ámbito científico.

Todo isto e moito máis agarda por vostede no Pazo Torres do Allo. Animamos os lectores a coñecer e desfrutar deste patrimonio vivo á entrada de Baio, porta grande da Costa da Morte, digno de visitar de primeira man. Agora no outono, cos castiñeiros no seu apoxeo, o pazo cobra aínda maior esplendor.

Digno de visitar e admirar. Vivimos nun paraíso.

Comparte éste artículo
No hay comentarios