Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) denuncia o «nefasto» estado do mantemento da rede viaria provincial. As molestias causadas polo mal estado do firme da rede viaria provincial xerou queixas de numerosos lucenses desde hai anos. Tras converterse nun problema que parece non ter fin, desde UCIN decidiron presentar unha queixa formal para que as administracións poñan fin ás fochancas e fochas que xa duran anos. José Luis Calo coordinador de UCIN Galicia “diariamente, os lucenses teñen que convivir co desgastado e furado asfalto e coa mala visibilidade nocturna nunha estrada en gran parte sen pintar”.
Lembra que a conservación das estradas é unha obrigación do Estado e que é un elemento indispensable para a seguridade viaria. Calo, pide que se realicen as obras necesarias para emendar a deterioración. Contacto prensa