O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu hoxe na Delegación Territorial a Olimpia López no primeiro encontro institucional que manteñen desde o seu nomeamento como subdelegada do Goberno na provincia.
Arias felicitouna pola designación e ofreceulle “a leal colaboración do Goberno galego na xestión de iniciativas que requiran da concorrencia de ambas administracións, en aras do interese superior dos veciños e veciñas da provincia”.
Así mesmo, o delegado agradeceu o labor que durante anos realizou Olimpia López como responsable do Arquivo Xeral da Delegación Territorial, traballo que desempeñou ata a súa recente incorporación á Subdelegación do Goberno.