Nunha mañá abafante cunha calor impropia das datas nas que estamos, reeditaban os dous equipos un partido que xa desputaran na pretempada, e tamén agora en competición a vitoria caía do lado local, moito máis intenso e, aínda que os goles foron tardando en chegar, acabaron entrando na portería visitante.
Un filial xalleiro de recente creación ao que lóxicamente falta rodaxe e adaptación, que tivo a súa mellor xogadora na portería, que pese aos catro goles evitaba un tanteo moito máis amplo. Aos vinte minutos era Yara quen inauguraba o marcador cun golazo de disparo lonxano que resulta imparable para Valeria. Antes do tempo de lecer, Saray mandaba un balón ao longueiro, pero o resultado non se movería ata ben entrado o segundo tempo, cando Laura Pose se adianta na área e pon o 2-0. Non tardaba Maira en cabecear un saque de curruncho para o 3-0 e Maria poñería o cuarto de penalti. As verdes apenas se achegaron a dominios dunha Desirée que case foi unha espectadora máis. Pleno de vitorias no que levamos desputado para as camariñanas.