A primeira “escape room” ao aire libre chega a Cangas polo Samaín

Do 27 ao 31 de outubro, o público poderá participar de balde nesta actividade interactiva organizada polo proxecto PidoPapas, con enigmas, candados e pistas agochadas nos comercios do centro, ao estilo das escape rooms en vivo.

A vila de Cangas prepárase para vivir un Samaín cheo de misterio coa Xincana do Alén, unha proposta lúdica e gratuíta que combina o espírito dunha escape room ao aire librecunha busca do tesouro inspirada nas lendas e tradicións galegas.

Do 27 ao 31 de outubro, calquer persoa poderá participar en horario comercial, resolvendo enigmas, códigos e probas con cadeados agochadas nos comercios colaboradores e avanzando paso a paso ata descubrir o segredo final do Alén.

A actividade está pensada para xogar en familia ou en pequenos grupos, e non require inscrición previa: só é necesario acceder á páxina pidopapas.com/xincana a partir do día 27, onde comeza a primeira proba.

Queremos que o Samaín se viva tamén nas rúas e nas tendas, con xogos e historias que recuperen o noso imaxinario tradicional, pero con ferramentas actuais divertidas e un toque de escape room”, explica Breixo Mariño, creador do proxecto PidoPapas e coordinador da actividade.

A iniciativa conta coa colaboración de ACICA e do Concello de Cangas, e busca ofrecer unha alternativa de lecer familiar e cultural, ao tempo que promove o uso do galego e o contacto directo co tecido comercial do municipio.

Datos de interese

● Datas: do 27 ao 31 de outubro de 2025

● Lugar: Cangas do Morrazo (comercios colaboradores)

● Participación: libre e de balde

● Organizan: PidoPapas, coa colaboración de ACICA e o Concello de Cangas

● Máis información: pidopapas.com/xincana

Comparte éste artículo
No hay comentarios