O Galician Freaky Film Festival quenta motores coa Zombie Walk, Roteiro de Tapas Fantásticas e presentación de libro

A programación na Praza Elíptica comeza o xoves 17 de setembro e as entradas están á venda.

O Galician Freaky Film Festival encara a recta final antes do comezo da súa décima edición cunha fin de semana que levará o espírito do festival a dous puntos da cidade. O venres, o escritor Xabier Fole presentará na FNAC Vialia un libro dedicado ao cineasta George A. Romero; tamén desde o venres ponse en marcha o Roteiro de Tapas Fantásticas no que participan catro establecementos; mentres que o sábado os zombis volverán percorrer o centro de Vigo coa segunda edición da Zombie Walk.

Do venres 11 ao venres 25 de setembro
II ROTEIRO DE TAPAS FANTÁSTICAS

O II Roteiro de Tapas Fantásticas comeza este venres e permitirá percorrer Vigo a través de catro propostas gastronómicas inspiradas no universo freak e fantástico. A tapa gañadora será escollida polo público e recibirá o título de Olimpo Gastronómico dos Freaks 2026 á Mellor Tapa Fantástica. Entre as persoas que voten sortearase unha cea para dúas persoas no establecemento gañador e entradas para a clausura do GFFF.

LA REVOLTOSA (Rúa Cruz Blanca, 5) – A Cousa Revoltosa
LA GUARIDA (Avenida das Camelias, 16) – Vampisol
CAFÉ AXE II (Rúa de Urzáiz, 73) – Predator, O petisquiño da selva MAISAR (Av. Alcalde Gregorio Espino, 13) – A eclosión

Venres 11 de setembro | 19:00 h | FNAC Vialia | Entrada de balde
PRESENTACIÓN DE GEORGE A. ROMERO: ZOMBIES, POLÍTICA Y CINE INDEPENDIENTE

O Espazo Literario Edgar Allan Freak do GFFF presenta, en colaboración con FNAC Vialia e a editorial Applehead Team, o libro George A. Romero: Zombies, política y cine independiente, de Xabier Fole.

A obra analiza a carreira do director estadounidense e o papel dos zombis no cinema de terror moderno desde a estrea de Night of the Living Dead en 1968, afondando na dimensión metafórica e política da súa filmografía e en aspectos da súa carreira froito da investigación nos seus arquivos privados.

Sábado 12 de setembro | 17:00 h | Diante do MARCO | De balde

II GALICIAN FREAK ZOMBIE WALK

A segunda edición da Galician Freak Zombie Walk percorrerá este sábado o centro de Vigo. A actividade é gratuíta e aberta a persoas de todas as idades. Esta edición incorpora ademais unha dimensión solidaria coa recollida de alimentos e establece unha irmandade coa Marcha Zombie da Cidade de México.

A xornada comezará ás 17:00 h coa apertura do Toucador Zombie, nas inmediacións do Museo MARCO, onde un equipo profesional de maquillaxe caracterizará os participantes de balde.

Ás 20:00 h comezará a marcha, cun percorrido duns 800 metros por Príncipe e o Casco Vello ata a Porta do Sol. A partir das 21:30 h, a Pasarela Zombie elixirá aos participantes mellor caracterizados. A persoa gañadora será nomeada Zombie Freak 2026.

Estas tres propostas serven de antesala á programación principal, que se desenvolve do 17 ao 26 de setembro na Plaza Elíptica de Vigo cun extenso programa de curtametraxes, longas, charlas, exposicións e encontros co director estadounuidense Lloyd Kaufman. O abono e as entradas por sesións están dispoñibles na web do festival.

X EDITION: CELEBRANDO UNHA DÉCADA DE FREAKISMO

O Galician Freaky Film Festival afonda na esencia máis freaky do cine, celebrando a cultura audiovisual máis alternativa e de culto. O festival internacional de cine fantástico e freak de Vigo ofrece unha coidadísima selección de curtametraxes, traendo estreas absolutas en Galicia. Ademais é o festival é único no mundo por subtitular todas as curtametraxes estranxeiras en galego. A décima edición do festival celébrase do 17 ao 26 de setembro na Plaza Vigo.

O seu ambiente único fai que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan a Vigo para vivilo en primeira persoa. A recente incorporación á prestixiosa Federación Méliés, así como o respaldo de máis de 4.000 asistentes na súa última edición de 2025, consolidan ao GFFF como unha cita obrigatoria para os amantes do cine fantástico e alternativo en todo o mundo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios