Episodio cheo de contidos de actualidade con cinco protagonistas. A deortivista Bárbara compareceu ante os medios para falar das catro derrotas seguidas e do choque contra o seu ex At. Madrid. Pola súa banda, outro equipo que non o está pasando ben é o At. Villalonga. Laurita, defensado cadro de Sanxenxo, fala da súa volta a Galiza e do especial que resulta xogar o derbi contra o Celta.
No apartado de fútbol autonómico, ademais dos números máis salientables do grupo I da Terceira Federación, falamos con Raúl Martos e facemos unha entrevista longa con David Ferreiro, técnicos do Bergantiños e Celta B. Ambos, segundo e primeiro, disputarán na Madroa o partido máis importante da quinta xornada.
Para o remate baixamos até a Primeira Galega para entrevistar a Mario Gómez, presidente do Rosalía, que nos presenta o seu xa tradicional partido contra o cancro, que terá lugar en Ourense o día 23.