Las Migas, unha das formacións máis influíntes do flamenco contemporáneo, confirma único concerto en Galicia

Terá lugar o 30 de novembro no Teatro Colón de A Coruña.

Las Migas levará a súa xira estatal ao Teatro Colón da Coruña. Será o próximodomingo 30 de novembro, e as súas entradas están xa dispoñibles en entradas.ataquilla.com. A xa considerada como unha das formacións máis exitosas do flamenco nos últimos anos trasladará ao directo o seu disco “Flamencas”, co que acadaron unha nominación este mesmo ano aos prestixiosos LaTIN Grammy, xunto a algúns dos temas que marcaron a súa carreira. Tras 20 anos sobre as táboas, nos que se alzaron con, precisamente, un Latin Grammy e colleitaron ata 4nominacións aos mesmos, o cuarteto emprende a súa xira de teatros e auditorios tras o lanzamento do seu novo álbum.  Seis discos de estudo, concertos en máis de 50 países e galardóns como dous Premios MIN ou un Premio +Músicas amparan unha das carreiras máis destacadas dentro do xénero.

O grupo composto por Paula Ramírez (voz), Marta Robles (guitarra e voz), Alicia Grillo (guitarra e voz) e Laura Pacios (violín e voz) continúa amosando que o flamenco ten novas voces, novas formas e unha enerxía feminina capaz de transcender fronteiras. “Flamencas”, novo traballo discográfico, supón un vibrante regreso á orixe máis pura e tradicional do xénero, sen deixar atrás a personalidade e frescura que as consolidou como unha das propostas máis destacadas e recoñecidas do flamenco contemporáneo a nivel internacional. 

Este novo traballo configúrase como unha evolución dasúa linguaxe: unha homenaxe á pureza do flamenco, interpretado dende unha ollada fresca, libre, contemporánea e empoderada. Cante, toque e compás conviven con arranxos coidados e unha sensibilidademoderna, ademais dunhas poderosas letras onde o cuarteto intenta derrubar estereotipos clásicos masculinos doflamenco cunha proposta en directo cun demoledordiscurso visual, que buscará arrincar as ovacións dopúblico coruñés.

Tour Flamencas 2025

11.10 Almería – Festival Otoño y Sal

18.10 Málaga – Teatro Cervantes

25.10 Granada – Fundación Caja Granada

08.11 Sevilla – Cartuja Center

20.11 Barcelona – Palau de la Música Catalana

30.11 A Coruña – Teatro Colón

04.12 Valencia – La Rambleta

13.12 Emiratos Árabes – Al Noor Island

19.12 Cuenca – Auditorio Jose Luis Perales

Comparte éste artículo
No hay comentarios