XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral. “Onde van os marcos? As narrativas no ano da oralidade das mulleres”

Será o sábado 25 de outubro, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8 – Lugo).

Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza a decimo oitava edición desta xornada, que se desenvolverá o sábado 25 de outubro no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

A Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo segue mantendo co seu apoio a celebración da Xornada, xunto ao apoio de CEDRO e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Toda a información está recollida aquí: https://www.aelg.gal/actividades/xornadas-de-literatura-oral-0/2025/10/25/xviii-xornada-de-literatura-de-tradicion-oral-onde-van-os-marcos-as-narrativas-no-ano-da-oralidade-das-mulleres

Programa

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

10.30-11.10 Conferencia: “Da polavila á escena:  recollida, creación e difusión”
– Adrián Méndez. Mestre de baile e música tradicional, productor e integrante de  De Ninghures.

11.10-11.50 Conferencia: “A regueifa no ensino: a oralidade  como catalizador na mocidade”
– Almudena Falcón. Docente de Lingua e Literatura galega no IES Basanta Silva de Vilalba.
Promotora do Campus de Regueifa da Terra Chá.

 
11.50-12.30 Conferencia:
 “O valor da palabra, sempre e mais despois”
– Tereixa Novo. Mestra, música fundadora e integrante  de Fuxan os Ventos


12.30-14.00 Mesa redonda: «A oralidade das cantareiras:  Fonte de inspiración e recursos na escena cultural e musical»
Participan: Almudena Falcón, Tereixa Novo e Adrián Méndez.
Coordina: Branca Villares
 

16.00-16.40 Conferencia: “ A radio escolar como ferramenta para traballar o Patrimonio Inmaterial”
– Lois Toirán. Mestre de primaria, docente de radio e representante do proxecto Ponte nas ondas.

16.40-17.20 Conferencia: “As voces das mulleres rurais e a contrucción dun arquivo oral. Terra e memoria”
– Ana Cabana. Doutora en Historia pola USC, profesora titular do Departamento de Historia no Campus de Lugo da USC.


17.20-18.00 Conferencia: “Colleita e recolleita: a patrimonialización da memoria intrafamiliar”
– Branca Villares. Mestra de canto tradicional e divulgadora do folclore galego.

18.00-19.30 Mesa redonda: «A oralidade das cantareiras: salvagarda da memoria do pobo. O valor dos arquivos e a súa difusión»
Participan: Lois Toirán, Ana Cabana e Branca Villares
Coordina: Eva Teixeiro

 
19.30-20.30 Sesión práctica:
 “Cantareiras: o poder da poesía do pobo”
Jara Ortiz, cantareira, compositora, arranxista e divulgadora musical.

Comparte éste artículo
No hay comentarios