Líderes azuis: E.F. Juan Cabrejo 2 – Corcubión 1. Por @DulceCorcu

Un partido que se desputaba nesta xornada de descanso da categoría, despois de ser adiado a semana pasada. Igualadas a puntos e con posibilidade de rematar o día líderes, foi un encontro con moito en xogo e que ningún dos dous equipos quería deixar escapar. 

As locais creaban perigo por banda e foron achegándose á área contraria sobre todo por medio de Yara e Paula, mentres Andrea facía o propio para o Corcubión. Sería xa preto do tempo de lecer cando Paula gaña o man a man ante Xiana e fai o primeiro para as camariñanas. Na volta ao terreo de xogo, as visitantes buscaron a igualada pero atoparon a unha Desirée atenta e segura, para acabar sendo Laura Paredes quen marcaba  o 2-0 deixando ás corcubionesas tocadas pero despostas a non darse por vencidas. Nese empeño recurtaba distancias Andrea cun gran disparo desde o borde da área, facendo ese 2-1 que sería definitivo e deixaba as azuis durmindo líderes. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios