O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, deu conta dos asuntos aprobados hoxe na Xunta de Goberno referidos á área de Mobilidade e Infraestruturas, onde se avanzou na renovación do Carril das Flores, adxudicando a obra de renovación da rúa. «Isto súmase ao proxecto que aprobabamos a semana pasada, a demolición e execución dunha nova pasarela para Carril das Flores», lembrou Rubén Arroxo, que explicou que o proxecto adxudicado hoxe é «a renovación da rúa entre rúa Primavera e a pasarela».
A obra consistirá na renovación de todos os suministros: abastecemento, saneamento, rede eléctrica, etc, «e na construcción nesta rúa dun novo concepto peonil con acceso para residentes e cargas e descargas», explicou Arroxo. A nova rúa terá unha franxa de zona axardinada e pavimento pétreo. A empresa adxudicataria foi Construcciones Sanle, que é a mesma que vai executar a obra da pasarela, por un custe de 668.850,05€. Os traballos teñen un prazo de execución de de 10 meses, coa previsión de iniciar os traballos o antes posible e que ambas fases da obra avancen de maneira conxunta.
A Tenencia de Alcaldía aprobou abrir o proceso de licitación do contrato de mantemento das caldeiras dos edificios municipais. A área de Mobilidade e Infraestruturas renova un contrato por un prazo de 1 ano, coa posibilidade de prórrogas ata un máximo de 3 anos. O prezo de saída da licitación é de 74.000€ IVE includo e o Concello valorará, ademáis do prezo, que a empresa adxudicataria pertenza á rede técnica oficial de fabricantes de caldeiras. «é un contrato para que, sobre todo no inverno, as caldeiras funcionen ben, isto tamén permite, como xa permitiu o contrato anterior, que no momento que haxa calquera fallo en calquera caldeira, que a reparación sexa o máis rápida posible».