A Deputación de Ourense mobiliza 90.000 euros para axudar a entidades culturais e sociais, así como para o GDR Limia – Arnoia

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Aisisten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª), César Fernández Gil (VicePresidente 2º), Plácido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º), Rosendo Fernández (Deputado PPOU), Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU), Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU), Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención), Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

A Xunta de Goberno desta semana aprobou unha subvención a favor do GDR Limia-Arnoia para o proxecto Mixturando, por un un importe de 78.000 euros. Tamén se lle conceden 6.000 euros para Asociación Música e Cultura de Galicia e a mesma cantidade para os Padres Mercedarios de Verín.

A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un total de 90.000 euros en diferentes axudas para entidades culturais e sociais, así como para o GDR Limia-Arnoia. Precisamente esta entidade percibirá 78.000 euros para o desenvolvemento do seu proxecto Mixturando.

Para a reparación da igrexa e convento da Nosa Señora da Merced, os Padres Mercedarios de Verín obterán 6.000 euros, mesma cantidade que percibirá a Asociación Música e Cultura de Galicia para gastos de funcionamento desta entidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios