O menú inclúe un petisco de benvida, langostinos ao forno, filloa rechea de marisco, meixelas de porco ao mencíae milfollas con xeado. Todo acompañado por viños, café, licores e unha posterior barra libre.
A Comisión de Festas do San Roque de Viveiro, Viveiro en Festas, organiza a súa segunda Cea-Baile de Nadal o vindeiro venres, 19 de decembro, no Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico.
O evento, que ten como obxectivo recaudar fondos para as Festas de San Roque, promete unha noite chea de gastronomía, música, sorteos e diversión.
O acceso ao espazo será a partir das 21:30 horas, e a cea dará comezo ás 22:00 horas. O prezo por persoa é de 69 euros, que inclúeun donativo para a comisión.
O menú estará composto por un petisco de benvida, langostinos ao forno, filloa rechea de marisco, meixelas de porco ao mencía e milfollas con xeado. Todo acompañado por viños D.O. Rías Baixas e D.O. Ribeira Sacra, así como café, té, infusións e licores.
A festa continuará cunha barra libre (bebidas non premium) e música cun DJ ata as 03:30 horas.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda reservar canto antes a través docorreo comisionviveiroenfestas@gmail.com ou a través do whatsapp no teléfono 614 191 962. En caso de ir en grupo, agradécese que se apunten nunha reserva todas as persoasxuntas.
Con esta iniciativa, Viveiro en Festas continúa traballando para manter viva a tradición egarantir unhas festas patronais á altura da vila viveirense.