Tiven a sorte de asistir, xunto co meu fillo, ao acto organizado no barrio da Ponte pola asociación Xuntos por Lugo, e síntome orgullosa de compartir o que vivín.
A pesar da choiva, máis de sesenta voluntarios que se encargaban da organización, traballaron duro sen perder o sorriso en ningún momento para que o evento saise de dez. Ningún político colleu o micrófono e ninguén falou mal de ninguén. Ese clima de respecto e alegría colectiva é o que máis me agradou.
Encántame ese Lugo que xera comunidade. O Lugo que medra desde abaixo, grazas a asociacións libres, abertas e participativas, que poñen ás persoas no centro e son quen de sumar sen excluir a ninguén.
Houbo un detalle que me emocionou especialmente: os nenos e nenas premiados no sorteo eran de A Ponte, A Milagrosa, Recatelo, Catasol, Nadela e o centro. Lugo enteiro representado, sen importar o barrio. Iso tamén é construír cidade.
Por iso quero dar a noraboa a todas as persoas e entidades que fixeron posible o acto, e tamén ás empresas e institucións que colaboraron. Porque cando o protagonismo é da xente, cando a participación é sincera e cando o obxectivo é unir, Lugo gaña sempre. GRAZAS POLO ACTO E NORABOA POLO TRABALLO