Os senadores cren que “esta situación demostra as carencias de mantemento na vía” e advirten que “as pequenas obras de parcheo non solucionan estes problemas”.
O PP lucense advirte da “importante sinistralidade” e o “mal estado do pavimento da estrada nacional N-120 ao seu paso pola provincia” que xera queixas dos usuarios desta vía.
Esta vía rexistra numerosos accidentes e o propio Goberno do Estado recoñece ante as preguntas formuladas polos senadores do PP pola provincia – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- ter coñecemento de 12 sinistros de tráfico durante o ano 2024, cifra que coincide coa media de sinistros nos últimos seis anos.
Os populares subliñan que a N-120, que vertebra as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, rexistra un alto volume de tráfico (entre os 3.148 e os 5.199 vehículos diarios) e, nos últimos anos, multiplicáronse as queixas polo mal estado do pavimento. Debido ao seu evidente deterioro en moitos tramos, presenta baches e gretas que xeran riscos para a seguridade viaria e, nalgúns casos, provocan pinchazos nas rodas ou saídas de vía.
Os senadores dirixíronse formalmente ao Goberno de Sánchez para esixir explicacións sobre a situación que “demostra as carencias de mantemento na vía” e, segundo advirten os populares, “as pequenas obras de parcheo non solucionan estes problemas. Precisa unha rexeneración en condicións”.
Os senadores inciden en que se trata dun “agravio máis á provincia de Lugo e dunha mostra clara da falta de vontade por atender as necesidades en materia de infraestruturas viarias na nosa provincia”.