En xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas gozamos da competición U17 que tivo un marcador moi axustado na competición por equipos:
| Puesto | Club | Puntos |
| 1 | San Ignacio | 207 |
| 2 | Keltoi de Vila de Cruces | 122 |
| 3 | SAN BLAS de Madrid | 105 |
| 4 | AYUDE de Santiso | 100 |
| 5 | AFC de Madrid | 75 |
| 6 | Club de Loita Pontevedra | 60 |
| 7 | Club de Loita Vilalba | 55 |
| 8 | Club MOSTOLES | 52 |
| 9 | Club SENIN | 40 |
| 10 | Club A Cambadela de A Estrada | 28 |
| 11 | Club El Castro de Vigo | 25 |
| 12 | Club Atila de Ourense | 22 |
| 13 | Club Burlada de Navarra | 15 |
Este memorial puxo en valor a figura de Alexander Kachelaev, que foi durante 30 anos técnico do CGTD de Pontevedra e seleccionador Galego.
A súa figura estivo vinculada o maior impulso as loitas olímpicas en Galicia. O seu profundo legado levounos a organizar na súa vila adoptiva o seu memorial:
O III Memorial Alexander Kachelaev de Loitas Olímpicas.
O pavillón de Baltar foi o escenario onde numerosos campións de España da categoría U17 tiveron que loitar unificados en varias categorías de peso. O reducir o número de categorías de peso, agrupáronse deportistas de moi alto nivel entre sí!
Na competición U23 en xornada de tarde, houbo varios nomes propios, tendo en Loita Libre olímpica o combate entre os campións de España absoluto Denis Kodakov e Saúl Bello (San Ignacio) o campión de España U23, decantandose o combate do lado de Kodakov.
En Loita Feminina, Elvira Martínez a actual campioa de España U20 e U23, venceu na súa categoría de peso, impoñendo a súa calidade.
Na loita Grecorromana, o campión de España Gonzalo Caparrós (Club Atila de Ourense), venceu todos os seus combates, agás contra Luis Mario Timuaure, actual subcampión de España absoluto, por un marcador moi axustado.
Os resultados por equipos foron:
| Posición | Club | Puntos U23 |
| 1 | AFC de Madrid | 140 |
| 2 | SAN BLAS de Madrid | 115 |
| 3 | AYUDE de Santiso | 115 (Desempate: menor Nº combates ganados) |
| 4 | San Ignacio de Vigo | 114 |
| 5 | Club Atila de Ourense | 76 |
| 6 | Club El Castro de Vigo | 70 |
| 7 | Keltoi de Vila de Cruces | 55 |
| 8 | Club Burlada de Navarra | 50 |
| 9 | Club Gladiador de Madrid | 50 |
| 10 | Club de Loita Vilalba | 40 |
| 11 | Club MOSTOLES de Madrid | 35 |
| 12 | Club Ciudad de Vigo | 25 |
| 13 | Club Loita Lugo | 20 |
| 14 | CD LUCHA MILU de Alcalá de Guadaira | 20 |
O Colexio Galego de Árbitros estivo presente para dirixir os enfrontamentos, e dinamizar a competición. Tras o seminario do venres co árbitro Olímpico Carlos García, o mesmo valorou de xeito moi positivo o nivel dos colexiados Galegos nesta competición.
As mulleres colexiadas gañaron a partida os homes nesta competición: 6 mulleres e 4 homes. O Colexio Galego de Árbitros, ten unha proxección nacional impecable grazas o traballo de Nerea Iglesias, Nerea Vila, Ana López, Verónica Pérez, Aimara Osco e Noa Labandeira, que durante o ano 2026 optarán os ascensos nacionais polo seu bo facer sobre o tapiz.
Todos os afeccionados puideron seguir a competición ONLINE a través da web:
O seguimento de esta competición a través das RRSS e da web foi moi alto debido o crecente interese da sociedade en este tipo de deportes.
Destacar a presenza das mulleres nesta competición, que xa forman parte de mais do 35 % dos inscritos.
Agradecer o esforzo do Concello de Sanxenxo, pola implicación en este proxecto, que arrincouunha competición histórica para o noso deporte, así como a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral para o Deporte.