O PP de Lugo frea a intención do PSOE de eliminar as paradas de bus no rural e garante o servizo en 10 concellos lucenses

“Debido ao traballo do Partido Popular, Galicia e, en particular, a provincia de Lugo manteñen un servizo esencial de transporte no rural. Mentres o Goberno tenta recortar paradas e frear a mobilidade das familias, o PP defende aos veciños e garántelles que teñan unhas conexións seguras e estables”, afirmou Elena Candia.

O Partido Popular da provincia de Lugo celebrou unha rolda de prensa na que participaron a presidenta provincial, Elena Candia, e os deputados nacionais -Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades- e na que denunciaron o intento do Goberno de Sánchez e dos seus socios de suprimir paradas, recortar frecuencias e modificar horarios das liñas de autobús estatal en numerosos municipios do rural galego.

A presidenta provincial Elena Candia afirmou que “debido ao traballo do Partido Popular, Galicia e, en particular, a provincia de Lugo manteñen un servizo esencial de transporte no rural. Mentres o Goberno tenta recortar paradas e frear a mobilidade das familias, o PP defende aos veciños e garántelles que teñan unhas conexións seguras e estables”.

Grazas á intervención do PP, garántese por lei manter todas as pardas, rutas, horarios e frecuencias actuais, blindando un servizo de mobilidade “esencial para a provincia e para a vertebración de Galicia”, segundo destacou o deputado Francisco Conde.

No caso de Lugo, dez concellos veríanse afectados: Baralla, Chantada, O Corgo Guitiriz, Meira, Monterroso, As Nogais, Palas de Rei, A Pontenova e Quiroga, onde viven preto de 35.000 veciños e veciñas e que contan cuns 3.600 usuarios habituais. O intento de eliminación destas paradas supoñía un recorte directo ao rural, un novo fracaso do ministro Puente.

Conde recalcou que a emenda á Lei de Mobilidade Sostible é “un compromiso para protexer os servizos de transporte no rural e garantir a igualdade de oportunidades entre territorios”, devolvendo seguridade e continuidade a un servizo esencial para milleiros de galegos.

Os deputados populares subliñaron que “o PSOE de Pedro Sánchez maltrata a Galicia. Os socialistas galegos, cando teñen que elixir entre Galicia e Pedro Sánchez, sempre elixen Pedro Sánchez. E o mesmo sucede cos seus colaboradores no maltrato a Galicia, como o BNG, incapaces de apoiar emendas tan esenciais como a do Partido Popular que garante as paradas, horarios, frecuencias e transporte de viaxeiros en autobús. Afortunadamente, o PP conseguiu articular a maioría suficiente para que estas emendas se introduzan na lei, e os usuarios do transporte en Galicia respiremos un pouco máis tranquilos”.

SEGUNDO LOGRO DO PP NA MESMA LEI: RETORNO DAS INDEMNIZACIÓNS DO AVE

Ademais, o deputado Francisco Conde anunciou que o PP conseguiu introducir outra mellora clave na Lei de Mobilidade Sostible: o restablecemento dos compromisos de puntualidade e indemnizacións de Renfe eliminados polo Goberno en 2024.

Deste modo, a partir do 1 de xaneiro de 2026, os cidadáns volverán a beneficiarse das devolucións por atraso: 50% do importe do billete en retrasos de 15 minutos e 100% do importe en retrasos de 30 minutos.

Conde explicou que “isto obriga ao Goberno e a Renfe a asumir a súa responsabilidade e devolver aos usuarios as garantías que nunca deberan perder”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios