Javier Arias participa na celebración do 25 aniversario do Club Ciclista Cidade de Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou nos actos de conmemoración do 25 aniversario do club ciclista Cidade de Lugo, celebrados hoxe no Vello Cárcere.

Arias felicitou á directiva actual, que preside David Castro, e «ás que a precederon e axudaron á entidade a chegar ata aquí, promovendo este deporte entre varias xeracións de lucenses e impulsando a traxectoria de destacados deportistas».

O delegado confirmou o apoio do Goberno galego ao club, que pretende facer desta celebración un punto de inflexión desde o que medrar en número de socios e actividades. Actualmente organizan dous importantes eventos na provincia, a Ancares Cycling Marathon e o Gran Premio Ciclista San Froilán.

Comparte éste artículo
No hay comentarios