Non son casuais, son a base dun traballo que ás veces dá o seu froito e fai soñar, neste caso, a un adestrador dos que sempre se deixa a pel no banco. Que milimetra cada instrución e, sobre todo, que sempre ve saída ao final do túnel.
Os seus equipos, tanto Xuvenil coma Femenino da Escola que leva o seu nome e o Camariñas sénior, vencían en partidos moi difíciles, os tres a domicilio e non sen boa dose de épica, con triunfos sobre a campá. Todos ben posicionados e as xogadoras invictas nun periplo que abraia no que levamos desputado. É a forza da confianza, de inculcar ese «podemos» que se resisten a crer en ocasións. Psicólogo de vestiario e mago da pizarra, do tiraliñas que despois no campo despregará as mellores virtudes de cadaquén. De sufrir pero nunca tirar a toalla, espírito competitivo e as gañas de que os desexos se convirtan en realidade. Unha fin de semana redonda, perfecta nunha imperfección que Juan Cabrejo pule en cada adestramento para desmentir a Calderón de la Barca….Que toda a vida é soño e os soños, baixo a súa batuta, deixan de selo para converterse en resultados e admiración.