Elena Candia e Antonio Ameijide cuestionan o «nulo peso político» do alcalde Miguel Fernández tras as súas xestións «nefastas para Lugo»

Dende o PP de Lugo afirman que “Miguel Fernández acaba de recoñecer o ninguneo ao que o someteron dende Adif” xa que a petición do alcalde de Lugo de ter unha nova reunión confirma que “todo o que dixo non era máis que mentira tras mentira”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, sinala que “o alcalde tivo que solicitar unha nova reunión porque a realidade é que non conseguiu nada”, ao que engade que “está claro que o peso político de Miguel Fernández dentro do PSOE é nulo”.

O popular sinala que “Miguel Fernández ten a obriga de dicir publicamente con que obxectivo solicita esta nova xuntanza e que pensa conseguir para a provincia e para a cidade á vista de que meses despois desa reunión en Madrid seguimos peor que antes, xa que incluso perdemos frecuencias”, situación que vén dada “por un Goberno central que traballa contra Galicia e Lugo, avalado e apoiado sistematicamente polo BNG”.

Miguel Fernández copia, un ano despois, a petición do PP

Elena Candia afirma que o alcalde acumula tres encontros estériles co Goberno de Sánchez e agora solicita un encontro como presidente do Eixo Atlántico, non como alcalde de Lugo, o que evidencia que lle preocupa máis o Eixo que Lugo.

A voceira popular valora que o alcalde de Lugo recoñeza que é necesario solicitar unha reunión co ministro Óscar Puente para falar da situación do tren en Lugo, tal e como lle pediu o Partido Popular hai máis dun ano, nunha carta trasladada durante a visita do ministro á estación intermodal en xuño de 2024.

Naquel escrito, advertíase literalmente: “Agradecemos o investimento na nova terminal, pero non nos gustaría que a estación Intermodal de Lugo fose a primeira estación sen trens, sen AVE e sen frecuencias.”

“Cando nos copian, acertan”, sinalan os populares que lembran “os cero resultados que se obtiveron nas tres reunións que o alcalde celebrou con diferentes cargos do goberno de Sánchez para falar do tren”.

Sería máis útil para Lugo contar cun alcalde con peso político real, capaz de defender a cidade en Madrid antes de recibir títulos como o recente do Eixo Atlántico: pide a reunión como presidente deste organismo cando non o fixo como alcalde”.

Lembra, ademais, que mesmo o secretario deste organismo apuntou recentemente nun xornal lucense que falta implicación do PSdeG en Madrid para mellorar as infraestruturas de Lugo.

Esta afirmación evidencia que o problema non é técnico, senón político.

Cronoloxía

As tres reunións do alcalde… e cero avances.

  • 2 de abril – Delegado do Goberno

Non se citou nin unha soa vez o ferrocarril na nota oficial.

  • 26 de maio – Secretario de Estado de Transportes

Única consecuencia trala xuntanza: retirada dun tren con Madrid. Lugo perde servizos mentres se constrúe unha estación sen trens.

  • 18 de xuño – Presidente de RENFE

Novo compromiso, pero sen calendario, frecuencias nin melloras técnicas confirmadas.

  • Setembro – Declaracións do ministro Óscar Puente

Recoñece que Lugo nin aparece nos plans nin nos estudos. Só se menciona como “área interior”, sen concreción. Outras cidades si teñen localización e proxectos definidos.

Lugo ten unha das peores conexións ferroviarias de España: Sen AVE, con frecuencias insuficientes, horarios que non permiten viaxar e volver no mesmo día. Por iso pedimos ao alcalde que  deixe de ir a remolque doutros, que esixa calendario, servizos, frecuencias e AVE.

Comparte éste artículo
No hay comentarios