Katy Varela ve necesario realizar algunhas modificacións no servizo de recollida do lixo e limpeza viaria xa que hai veciños de moitas zonas da cidade que sinalan que “sería preciso aumentar a frecuencia da limpezae da recollida”.
Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte defenderán no vindeiro pleno unha moción para instar ao Concello de Monforte de Lemos a iniciar traballos de estudio e cooperación coa empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria, “para valorar a recuperación do sistema tradicional da recollida do lixo, deixando, por exemplo o cubeo na zona comercial e de hostalería do centro; e valorar as modificacións necesarias da zonificación da limpeza viaria”.
A voceiro popular, Katy Varela, recorda que o actual contrato de recollida do lixo e limpeza viaria data do ano 2010, cunha posterior renovación coa mesma empresa no ano 2020, e unha modificación posterior a causa do contedor marrón. “Contratono que non consta a zonificación de limpeza viaria levada a cabo pola empresa e indica que se achegará esa zonificación ao Concello por parte da empresa”, explicou.
Dende o Grupo Municipal Popular ven necesario realizar algunhas modificacións no servizo de recollida do lixo e limpeza viaria xa que hai veciños de moitas zonas da cidade que sinalan que “sería preciso aumentar a frecuencia da limpeza”. Neste senso, Katy Varela recorda que “solicitamos ao Concello o mapa da zonificación dos traballas, recibindo como resposta uns planos do ano 2010”, ao que engade que, “dende esa data o municipio mudou moito polo que é preciso actualizar o sistema”.
Neste senso, a voceira popular afirma que “entendemos que a situación da cidade mudou ao longo destes quince anos, hai zonas nas que aumentou o tránsito ou a densidade de poboación e noutras sucedeu o contrario, polo que o equipo de goberno debe estudar, xunto cos encargados da empresa, a posibilidade dalgún cambio desta zonificación”.
CUBEO
A voceira popular tamén recorda a necesidade de replantexar o sistema do cubeo, xa que nestes puntos da cidade nos que se emprega este sistema “os veciños quéixanse da mínima marxe que dan para poder depositar o lixo”.
Neste senso, Katy Varela explica que “sen pretender un cambio de condicións económicas nin relativas ao persoal, vemos necesario realizar o estudo en cooperación coa empresa para valorar prescindir do cubeo, recuperar os contedores tradicionais e facer as modificacións necesarias na limpeza viaria para adecuarse á nova realidade social que poida ter a cidade desde o ano 2010”.