Balseiro lembra que “o Goberno de Sánchez tardou case 5 anos” en anunciar unha solución á praia de San Bartolo e pregunta a Mogo se “está satisfeito con ese atraso”

O senador mariñán subliña que “a obra vaise levar adiante grazas á presión constante do PP local e do PP no Senado, onde temos presentado distintas iniciativas advertindo da existencia do problema e da súa perigosidade a petición do portavoz municipal”.

O senador mariñán do PP, José Manuel Balseiro, lembra que “o Goberno de Sánchez tardou máis de 3 anos en encargar o estudo xeotécnico” tras un desprendemento de rochas que afectou ao areal de San Bartolo, en Barreiros. Nese sentido, pregúntalle ao senador socialista “se, sabendo da perigosidade da situación, está satisfeito con este atraso”; xa que o anuncio de que se realizaría un estudo xeotécnico foi realizado por Costas e o Concello en novembro do 2024, despois de ser detectados os problemas na costa no 2021.

“Preto de 5 anos leva o entorno da praia de San Bartolo leva sen ningunha solución e cos cantís deteriorándose cada vez máis, a pesar de que o PP ten advertido en numerosas ocasións do problema, da súa perigosidade e da existencia de fosos, un deles ao carón do paseo que discorre ao longo da praia”. De feito, “a obra vaise levar adiante grazas á presión constante do Partido Popular: tanto por parte dos concelleiros do Grupo Municipal como dos representantes no Senado, onde incidiron a petición do portavoz local, José Manuel Gómez Puente”. 

Balseiro aclara, así mesmo, que “quen decide as medidas a adoptar teñen que ser os técnicos” e que “dende o primeiro momento advertimos do problema e nos preocupamos pola seguridade dos veciños e visitantes. Incluso dende o PP temos advertido de que sinalización de advertencia é insuficiente”.

Recentemente, o pasado 6 de outubro, a Comisión de Transición Ecolóxica aprobaba unha moción do Grupo Popular para instar ao Goberno de Sánchez a asumir os traballos necesarios, atendendo a criterios técnicos, para recuperar o entorno e o acceso á praia en condicións de seguridade e normalidade.

“O que levamos tempo demandando dende o Partido Popular é tomar en serio o problema, atendelo coa urxencia que requiría e acometer as actuacións que permitan evitar futuros danos e recuperar en condicións de seguridade un emblemático areal do municipio”, conclúe.

Comparte éste artículo
No hay comentarios