Unha peza de monicreques, para público familiar, protagonizada polo Mariscal Pardo de Cela e Isabel De Castro.
Mircromina Títeres, co actor e manipulador mindoniense Ton Arenas, leva este sábado ao cenario da Casa-Museo Manuel María a traxicomedia Pasmo de Pedra. Unha peza protagonizada polo Mariscal Pardo de Cela e Isabel de Castro e dirixida para o público infantil e familiar.
A sipnose da obra é a seguinte: Decorre o ano 1543 cando Isabel de Castro e Pardo de Cela, casados e residentes no castelo da Frouxeira, desfrutan dunha vida relaxada, chea de privilexios e distraccioìns. Mentres, na outra punta da comarca, o bispo de MondonÞedo leva tempo reclamándolles os seus dereitos, bens e propiedades. Canso de ser enganado pola parella, contrata o mercenario Mudarra para que lle faga o traballo suxo. A pregunta é: perderaì Pardo de Cela a cabeza?
A representación de, aproximadamente, corenta e cinco minutos, está programada para as 17 hrs e é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
Mircromina Títeres é unha compañía con focaxe no público infantil e familiar, que nace, en 2010, da man de Ton Arenas. Asentado no barrio dos Muíños, en Mondoñedo, desde alí elabora os seus espectáculos de titiriteiro como Vacacións no mar, A familia unida, Raio the loubicán… e constrúe artesanalmente os seus bonecos e espazos escénicos.