A Xunta concede 10.000 € ao @ClubFluvialLugo para adquirir unha furgoneta

A Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, concedeu 10.000 euros ao Club Fluvial de Lugo para contribuír á adquisición dunha furgoneta destinada á sección de piragüismo, unha das máis numerosas da entidade.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o club beneficiouse da orde de axudas para colaborar cos equipos deportivos na compra de material co que desenvolver as súas actividades.

Na convocatoria deste ano aprobáronse subvencións por importe total de 126.900 euros para apoiar a 25 entidades de toda a provincia que practican modalidades deportivas moi variadas. Algunhas delas son piragüismo, remo, ciclismo, atletismo, karate, judo, taekwondo, loita, fútbol, fútbol sala, hockey en liña, voleibol, ximnasia, deportes de raqueta ou billar.

Entre o equipamento adquirido polos diferentes clubs destacan catro furgóns e dúas embarcacións, así como bicicletas, tatamis, remolques, patíns, elementos de protección, marcadores portátiles ou mesas de billar, xunto con outras dotacións.

Arias explicou que esta orde de axudas enmárcase nas medidas do Goberno galego para fomentar a práctica deportiva na provincia, xunto con outras iniciativas como o programa Xogade, que se desenvolve no ámbito escolar con moi boas cifras de participación.

Contía das axudas

Esta liña de axudas ten por obxecto colaborar cos clubs, sociedades e federacións deportivas na adquisición de material necesario para os seus adestramentos e para participar en competicións.

A achega cobre o 80% do gasto, cun máximo de 10.000 euros no caso de equipamento destinado á mobilidade e de 5.000 euros para o resto das subministracións.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios