O PP de Lugo advirte que os socialistas “falsean a realidade sobre a vivenda pública na Mariña: a Xunta ten marcha programas e axudas nos concellos da comarca”

O PP lucense advirte que “os socialistas falsean a realidade sobre a vivenda pública na Mariña. É falso dicir que non existen actuacións ou achegas desde a Xunta de Galicia na materia porque o Goberno galego ten en marcha programas e liñas de axudas para garantir vivenda accesible nos concellos mariñáns”, explican.
Os populares explican que “a Xunta convoca axudas directas aos Concellos para promover a rehabilitación de vivendas e edificacións de titularidade municipal con destino a alugueiro social”. Trátase de axudas de ata 50.000 euros por vivenda -que se incrementan ata os 55.000€ se están no ámbito do Camiño de Santiago e 2.000€ máis se está en zona Rexurbe-. E, na comarca mariñá, os Concellos de Trabada e de Ourol foron beneficiarios da última convocatoria para a rehabilitación de 1 e 2 vivendas, respectivamente.
Os Concellos teñen, ademais, a disposición un Fondo de Cooperación para a promoción de vivenda protexida, un préstamo a fondo perdido que permite aos Concellos construír nova vivenda pública con devolución flexible a 8 anos. Así mesmo, a Xunta facilita tamén a xestión de solo residencial para Concellos pequenos, permitindo poñer solo en mercado para proxectos de vivenda accesible sen que os Concellos teñan que asumir toda a burocracia.
Os populares subliñan “o compromiso de traballo do Goberno galego á hora de garantir o acceso á vivenda digna e accesible en toda Galicia, tamén na Mariña”. Así, inciden en que “estas medidas están activas e dispoñibles para os Concellos da Mariña”. É dicir, a postura do PSOE “non so é equivocada, senón que tamén é unha tentativa de confundir á cidadanía con críticas interesadas”.
REXURBE

Os populares lembran tamén o programa Rexurbe para a rehabilitación de vivenda nos cascos históricos. Os Orzamentos da Xunta para o 2026 contemplan unha partida de 4,8 M€ para este programa en Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro -e Vilalba-.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios