Axente X. Santos de Amigas das Árbores • Ourense
O actual goberno que dirixe o concello de Ourense, co silencio cómplice de boa parte da corporación municipal, estraga o único xardín histórico da cidade, xardín creado no ano 1846.
Un Xardín-Parque que naceu con máis de 200 especies distintas de árbores e prantas. Este xardín no corazón da zona histórica de Ourense están converténdoo nun espazo duro e deshumanizado, están formigonando parte da súa zona verde, tallaron polo pé árbores de valor incalculable, eliminaron vexetación e deixarona morrer de sede…Despois de dilapidar 3 millóns de euros o refuxio climático está esnaquizado, un xardín que perde o seu valor histórico, a súa biodiversidade e a súa función reguladora das temperaturas nunha das cidades co clima máis extremo da Península Ibérica.
Como nin os gobernantes da cidade, nin os asesores do Sr. Alcalde nin os seus cómplices da Xunta de Galicia saben o que é un refluxio climático agradécese que lles fagades chegar o vídeo da entrevista a Josep María Costa para que alomenos sepan do seu tremendo erro e da gravidade dos seus feitos.
Non teñen perdón !!!!!!