A XUNTA instalou hoxe en Lugo un punto informativo para sensibilizar contra a violencia de xénero

 O delegado territorial, Javier Arias, visitou o punto de información e sensibilización sobre a violencia de xénero que a Xunta instalou esta tarde na praza Maior de Lugo dentro dos actos do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O delegado explicou que o obxectivo desta iniciativa é “trasladarlle á cidadanía información e mensaxes que permitan romper os estereotipos de xénero, así como afondar na importancia de consolidar unha igualdade real entre mulleres e homes”. Tamén se incide nas distintas formas nas que se manifesta a violencia machista, así como na prevención.

Comparte éste artículo
No hay comentarios