A Concelleira Noelia Martínez Canosa anuncia o seu voto en contra aos presupostos presentados polo Goberno do Partido Popular para o exercicio 2026

Noelia Martínez Canosa, actualmente concelleira non adscrita no concello de Arteixo, é unha das promotoras e fundadoras da formación política Alternativa Enxebre, formación a cal agora representa no pleno da corporación municipal.

“O equipo de Goberno do Partido Popular de Arteixo, presidido polo Sr. Carlos Calvelo, achegounos a documentación relativa a proposta orzamentaria que elevarían ao pleno da corporación para o exercicio 2026 a tres días de celebrase a comisión de asuntos económicos e a seis días de celebrarse o pleno no cal debe debaterse e votarse a mesma, o cal é unha total falta de transparencia e de respecto cara os concelleiros e grupos da oposición” explica Noelia Martínez Canosa.

“Os concelleiros e concelleiras que somos oposición no pleno da corporación municipal do Concello de Arteixo non temos asignada ningunha dedicación e non percibimos ningún salario do Concello por realizar a noso traballo como tal, xa que o Partido Popular de Carlos Calvelo acapara todas as dedicacións. Os concelleiros e concelleiras dos grupos da oposición compaxinamos os nosos traballos fóra da política co noso deber e responsabilidade como concelleiros. Ademais de sufrir o rodillo aplicado por un Partido Popular que utiliza a súa maioría absoluta para afogar á oposición, tamén temos que sufrir constantes falta de respecto como a que seu neste caso co documento orzamentario. Un documento de máis de catrocentas páxinas, ao que debemos sumar os correspondes informes. Pois ben, o equipo de Goberno de Carlos Calvelo achéganos a proposta que elevarán ao pleno a tres días da celebración da comisión e a seis días da celebración do pleno, polo que aos concelleiros da oposición nos é inviable o seu pertinente estudo” apunta a concelleira.

“Xa hai tempo que o señor Carlos Calvelo está actuando e procedendo dun xeito que é pouco ou nada democrático, que máis ben se asemella a formas utilizadas noutros tempos, e é por isto que, non podemos permitir que isto continúe deste xeito. Debemos actuar e esixir que se respecten os noso dereitos como concelleiros e representantes públicos” matiza Noelia Martínez.

Comparte éste artículo
No hay comentarios