O PP de Burela propón que o Concello condene a okupación ilegal e inste ao Goberno de Sánchez a adoptar medidas para a súa erradicación

Ante “a impotencia dos propietarios pola falta de amparo xurídico”, o PP insta ao Concello a “reivindicar o dereito á propiedade privada” e esixir ao Goberno do Estado a derrogación da actual Lei estatal de Vivenda que “protexe e promove a okupación ilegal”.

O PP de Burela esixe ao goberno municipal bipartito que encabeza a señora López Moreno amosar o rexeitamento á okupación ilegal de vivendas e á inquiokupación e dirixirse ao Goberno de España para derrogar a actual Lei estatal de Vivenda e implementar, como mínimo, as medidas antiokupación recollidas na LO 1/2025 de 2 de xaneiro para dotar á Xustiza de medios necesarios para erradicar esta práctica e dar seguridade aos propietarios. Así mesmo, propoñen a habilitación de xulgados especializados.

Os populares lembran que “a okupación ilegal de vivendas e de todo tipo de inmobles é unha preocupación crecente na sociedade española”. E, nos últimos tempos, este fenómeno tamén afecta a familias e veciños da nosa zona e, en particular, en Burela”.

“Dende o Partido Popular defendemos o dereito á propiedade privada e trasladamos a nosa solidariedade a tódolos afectados que viven con impotencia a inxustiza que supón a okupación de vivendas ou inmobles ante a falta dun amparo legal para os propietarios”, engaden.

Polo tanto, propoñen ante a corporación municipal a adopción de acordos para a erradicación da okupación ilegal e tamén do fenómeno coñecido como inquiokupación -nos casos nos que os inquilinos deixan de pagar o alugueiro, pero se negan a abandonar a propiedade-.

MEDIDAS EFICACES BLOQUEADAS POLA ESQUERDA

Desde o PP tamén explican que, ante a falta de vontade do Goberno de España por acabar coa okupación ilegal de vivendas, os populares promoveron dúas leis con medidas eficaces como os desafiuzamentos en máximo 24 horas ou a autorización legal para que o dono poida cortar as subministracións de auga e luz da vivenda okupada

Estas normas atópanse bloqueadas por PSOE, Sumar e os partidos de esquerda que, como o BNG, son máis favorables a manter a regulación actual que “permite e favorece” estes episodios de okupación ilegal de vivendas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios