Era a mensaxe en redes dun equipo de fútbol de nenos de doce anos, adicado ás súas rivais femininas despois de golealas. Acontecía este pasado 22 de novembro, nas vésperas da sinalada data do Día da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres que, no canto de avanzar, mesmo parece non só que retrocedamos, senón que as novas xeracións son cada vez máis novas e virulentas.
Consecuencia da falla de educación tanto nos fogares como nos centros de Ensino, onde temas como a violencia de xénero, o sexismo ou a igualdade son considerados adoutrinamento polos gobernos que fan política precisamente contra as mulleres, reducindo os seus dereitos e protección nas situacións de risco. Por outra banda, a presión da Igrexa aínda ten moito peso na sociedade educativa, algo incomprensible nun Estado teóricamente aconfesional coma o español. As redes sociais nas que os bulos e a desinformación abarcan boa parte do contido, atopa na mocidade un caldo de cultivo que se reproduce vertixinosamente. O club onde xogan estes nenos, o Velarde F.C. cántabro, vista a trascendencia da publicación onde mandaban a fregar ás xogadoras do Monte Soccer Féminas, decidía abrir un expediente sancionador e obrigar a todos os xogadores a asistir a unha charla sobre igualdade e respecto no deporte. Que está moi ben, pero quizais debera incluir tamén a nais e pais….Porque se hai algo que fan todos os críos, é imitar o que ven e escoitan nas casas.