As xornadas «O rural galego en feminino» analizarán esta fin de semana na Coruña o papel das mulleres na ecoloxía rural

A delegación de ADEGA na Coruña presenta as xornadas «O rural galego en feminino”, un encontro cuxo obxectivo principal é divulgar e visibilizar as traxectorias e logros de mulleres que xa son referentes no tecido rural de Galiza. A cita será o venres 29 no centro cívico da Cidade Vella de A Coruña (Rúa Veeduría, nº 2) e o e sábado 30 de novembro cunha visita guiada á Granza Ecolóxica de Lousada (en Irixoa).

Estas xornadas, que contan coa colaboración do Concello da Coruña, nacen coa vocación de servir de altavoz e punto de encontro para o coñecemento ecofeminista, ao destacar o papel fundamental das mulleres no mundo rural e como axentes de cambio e innovación. Este é o programa:

Programa do sábado 29
11:00 h – Apertura das xornadas
11:20 h – María do Mar Pérez Fra, doutora no Departamento de Economía Aplicada da USC.
11:40 h – Marta García Vilar, responsable do proxecto Millo e Landras.
12:00 h – Pausa café
12:20 h – Llerena Perozo Porteiro, activista ecofeminista e profesional dos eidos da produción audiovisual e editorial.
12:40 h – Coloquio
14:00 h – Fin da sesión de mañá

16:30 h – Comezo da sesión de tarde
16:40 h – Taller: “O emprendemento feminista contra o capitaloceno: ferramentas e aprendizaxes”, con 50 pés consultoras.
19:00 h – Encerramento do evento

O domingo realizarase unha visita guiada á Granxa Ecolóxica de Lousada, un proxecto referente en produción sustentable e prácticas agroecolóxicas. A saída está programada para as 16:00 h, e requírese inscrición previa a través deste formulario

Comparte éste artículo
No hay comentarios