Dúas propostas con identidade propia chegan á Sala Garufa para unha noite de música que non deixará indiferente a ninguén…
Madame Bird, o proxecto de Carla de Figueredo, combina soul, northern soul, R&B e jazz, cunha voz poderosa que lembra a Aretha Franklin ou Etta James e un directo intenso e cheo de personalidade.
Super F, banda pontesa cunha ampla traxectoria, power trío cun repertorio cheo de riffs contundentes e estribillos potentes que convidan a bailes desenfrenados.
Será na coruñesa Sala Garufa, con apertura de portas as 22 horas. As últimas entradas pódense mercar na mesma recepción do recinto ao módico precio de 12 euros.