Castela e León e a Irmandiña elimínanse da Copa das Rexións ao empatar en Palencia, á espera dunha reclamación galega

Castela e León e Galiza asinaron o resultado que eliminaba ás dúas. Os locais, no prolongamento, igualaron o partido por medio de Hugo Jiménez. A Irmandiña adiantouse dúas veces po medio de Lucas, que acabou como mellor goleador do grupo, sen embargo non puido asegurar o triunfo, logo que ao descanso se chegou cun empate ao anotar Collado o provisional 1-1.

Desaproveitar vantaxes e ceder espazos

Comezou ben Galiza un partido vital para a súa clasificación. A presión adiantada deu moitas solucións para o seu fútbol de ataque, provocando erros na saída de Castela e Léon. Ademais, a Irmandiña adiantouse cedo. Aos dous minutos, Noel, moi efectivo na banda dereita, serviu para a ruptura de Adrián, que conseguiu distancia sobre Manjarrés e colocou un disparo cruzado e alto que acabou na rede.
Pouco antes, no primeiro minuto, Arias tivo que apurar un despexe a córner logo que Achore, desde a dereita, atopara a posibilidade de asociarse con Noel, que caera polo centro ao borde da área pequena.
Galiza aumentaba a súa produción de saques de esquina. No terceiro, aos sete minutos, Carabán cabeceou perto do pau o lanzado por Lucas.
Lombao tamén estaba moi activo. No seu segundo roubo sobre a saída de centrais rivais, neste caso, un pase diagonal de Oliver, correu en condución até o lateral da área, pero o centro foi desviado entre un defensa e Domínguez.
A primeira opción de Castela e León naceu dun problema galego á hora de sacar un balón que se dividiu dúas veces. Jairo aproveitou para dominalo e antes de entrar na área foi derrubado entre Diego e Dopico. O exterior dereito lanzou desde a media lúa e a pelota pasou cerca da escuadra no minuto 18.
Galiza foi recuando mentres Castela e León foi comendo máis espazo, xogando máis tempo na parcela Irmandiña.
Malia o equilibrio no xogo, a branco e celeste puido aumentar a diferenza nunha cabezada de Adrián, que rematou a rentes do pau outro centro de Lombao no minuto 34.
No seguinte, Collado rompeu pola esquerda, Carabán pasou de freada dentro da área e a finta do exterior local abriulle ángulo para bater a Atib cun xute cruzado.
Sen máis ocasións en ambas seleccións eliminadas rematou a primeira parte.

Castela e León empata para nada

A segunda metade comezou con dominio castelán e leónés. Aos dous minutos, Atib salvou un disparo de Chatún, ainda ue Noel respondeu inmediatamente cunha acción individual na que entrou na área e xutou perpendicular ao poste, pasando a pelota moi perto da súa base.
Carabán, iniciou a súa habitual colección de erros. Sen calidade técnica suficiente para saír sobre unha presión próxima, perdeu ante Jairo antes que Atib anulara a súa deficiencia detendo o disparo de Collado.
Galiza, mellorou coa entrada de Make. O partido estaba para el e a súa capacidade de lectura de pases para roubar no medio. Coa nova situación, participou no segundo gol entrando na asistencia a Lucas, que chegou polo medio para fechar o terceiro lado do triángulo cun disparo co que enganou a Domínguez.
A partir de aí Galiza foi claramente mellor. Eusebio Sacristán non foi quen de recompoñer aos seus.
No minuto 71, o meta local salvou en dous tempos un man a man con Noel, logo dun roubo galego sobre a saída arlequinada.
No minuto 82, coa Irmandiña controlando o tempo do partido, Brais Vidal mnon deu embocado desde 35 metros un disparo logo que recollera un mal despexe de Domínguez.
Despois, no 88, foi Noel, recollendo o despexe defensivo, que mandou o coiro perto da escuadra.
O gol do empate e a eliminación galega saíu doutro erro groso de Carabán, nunha imposible cesión de cabeza a Atib, Chatún apareceu polo medio e Atib logrou desviar ao fondo.
O balón xa non sairía de alí. O saque de esquina derivou nun de banda, no lateral de área, e logo noutro tras un despexe defensivo. Oliver, coa súa potencia,. Puxo o balón na área, a defensa non despexou e, na perpendicular do segundo pau, Hugo Jiménez voleou á rede. Gol que valía para evitar unha derrota, pero que nin clasificaba a Castela e León e eliminaba definitivamente a Galiza, que xa non tiña que esperar o que pasara noutros grupos.
Dez anos despois, a Irmandiña afeccionada non estará na fase intermedia.

Posibilidade de clasificación

Todo podería mudar de prosperar unha reclamación da RFGF por unha presunta aliñación indebida de Alberto, meta da selección Andaluza, o que daría tres puntos máis á Irmandiña, que a colocaría primeira de grupo.

Ficha

DOMINGO 30/11/2025 (12,00) Campo: NUEVO LA BALASTERA (Palencia) (300)
CASTELA E LEÓN : 2 – GALIZA : 2 (1‑1)

CLE : Domínguez; Arias (Hame 86’), Manjarrés, Oliver, Álex Solá (Iker Holgado 61’); Jairo (Pablo 61’), Isra González (Colino 75’), Cascón, Santos (Hugo Jiménez D), Collado; Chatún. Sel. Eusebio Sacristán. (Banco: Dani Freile (g); Marcos Hernando).
GAL : Atib; Achore (Óscar López 76’), Carabán, Dopico, Yosi; Noel, Diego, Lucas (Rachu 76’), Brais Vidal, Lombao (Moreyra 84’); Adrián (Make 60’). Sel. Manolo García. (Banco: Andrés (g); Mati; Cambón).
Goles: 0-1 Adrián 23; 1-1 Collado 36’; 1-2 Lucas 69’; 2-2 Hugo Jiménez 89’.
Árbitro: Suárez Larren (Castela e León). Auxiliares: Aguado Martínez e Aguado Sáez. 4º árb.: Méndez Recio.
Disciplina: CA: Achore 9’; Santos 42’; Álex Solá 53’; Make 73’; Chatún 73’; Óscar López 83’; Cascón 88’.
NOTAS: Por penaltis para resolver posibles empates: Castela e León: 4 – Galiza: 2.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios