A UDC e a Cátedra Resonac-UDC unen forzas para traer á Coruña a reunión semestral de Alistore-European Research Institute.
A Coruña converterase os días 11 e 12 de decembro nun punto de encontro internacional para o almacenamentode enerxía, coa chegada de máis de 70 expertos e expertas de universidades e centros de investigación de prestixio que participarán na reunión semestral da rede europea Alistore-ERI.
O encontro está organizado polo CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía), a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia da UDC e pola Cátedra Resonac-UDC, baixo a coordinación de Israel Temprano, investigador Beatriz Galindo no grupo LISTE (Laboratorio de Investigación de Sistemas para la Transición Energética) e director da dita Cátedra, que forma parte da rede europea Alistore-ERI.
Principais contidos das xornadas
O evento, que terá lugar na Reitoría da Universidade, servirá como punto de encontro entre persoal investigador, estudantado e empresas, co obxectivo decompartir os avances científicos máis recentes en baterías e materiais para a transición enerxética.
O programa inclúe a presentación das actividades da rede Alistore-ERI desenvoltas, unha avaliación dos progresos de estudantes de doutoramentoque investigan novas xeracións de baterías, materiais máis seguros e sistemas sostibles de almacenamento eléctrico, así como conferencias de persoalexperto internacional sobre interfaces electroquímicas, baterías de sodio e potasio, electrolitos sólidos e modelización atomística de materiais.
A primeira xornada tamén acollerá unha sesión industrial coas principaisentidades do sector na región —entre elas Resonac, CETIM, Ferroglobe, INL eCTAG— para compartir innovación e retos tecnolóxicos.
Ciencia para toda a sociedade: “Ciencia en Movemento”
En paralelo ao encontro científico, o CICA e a Cátedra Resonac-UDC unénsena organización do evento satélite Ciencia en Movemento, un programa de actividades divulgativas gratuítas que consistirá en charlas de persoal experto nun formato próximo e accesible e obradoiros familiares na Biblioteca Durán Loriga, con experimentos e demostracións sobre como funciona o almacenamento enerxético.
Proximamente anunciarase a programación completa das actividades divulgativas.
Sobre o CICA
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) creouse en 2015 como un centro de investigación de ciencias avanzadas que conta con máis de 200 investigadores e investigadoras pertencentes a tres áreas científicas: Biomedicina; Alimentación, Contaminación e Saúde; e Nanociencia e Materiais Avanzados.
Desde 2024, o CICA conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
A excelencia investigadora, a transferencia tecnolóxica e a transmisión de coñecemento á sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigación. É recoñecido pola atracción de talento, a visibilidade da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.
Cátedra UDC –Resonac Sparking Truth
A Cátedra UDC–Resonac Sparking Truth ten como misión principal impulsar a investigación aplicada no ámbito da enerxía, con especial atención á transición cara a fontes limpas e renovables. Dirixida polo Israel Temprano, Group Leadere principal investigador no CICA e co-dirixida por Alba Tuñas, Head of BatteryBusiness Development at Resonac (A Coruña), a cátedra naceu en setembro de 2024 da sinerxía entre Resonac GBU e o Grupo de Investigación en Sistemas para a Transición Enerxética (LISTE) da Universidade da Coruña (UDC). Esta colaboración ten como obxectivo desenvolver novos materiais e tecnoloxías que melloren a eficiencia e a sustentabilidade dos sistemas enerxéticos, como baterías. Ademais da investigación, a cátedra tamén impulsa a formación de talento especializado e a transferencia de coñecemento entre a universidade, a industria e a sociedade en xeral.