Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este martes, 2 de decembro, a conferencia do escritor Santiago Posteguillo, especialista na antiga Roma e gañador do premio Planeta en 2018. O evento está organizado conxuntamente polo Goberno galego e a asociación de recreación histórica Cohors III Lucensium, e porá o broche de ouro á programación organizada para celebrar o 25 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
O delegado, Javier Arias, convida aos lucenses a asistir a este relatorio, que terá lugar no salón de actos da Delegación a partir das 20,00 horas. A entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade. Ao preverse unha alta afluencia de público, aconséllase chegar con antelación.
A conferencia leva por título O corazón romano de Galicia: o pálpito dunha historia que non termina. Nela, Santiago Posteguillo afondará na chegada dos romanos a Hispania, en xeral, e ao noroeste da península en particular, incidindo na importante pegada histórica, cultural e social que supuxo a romanización de todo este territorio.
O autor valenciano presentará ademais o seu libro ‘Os tres mundos’ do que, ao remate do relatorio, asinará exemplares a todos os asistentes que así o desexen.
Saúdos do Gabinete de Comunicac