Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co micro teatro ao Club Clavicémbalo de Lugo

Os pases terán lugar este xoves 4, venres 5 e sábado 5 de decembronos seguintes horarios: 20:30 e 22:30.

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicosregresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezasnovas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutickno seguinte enlace: https://woutick.com/es/entradas/microefectos-dramaturxicos-decembro-2025 Tamén haberá entradas dispoñíbeis nabilleteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu doce anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns vinte minutos de duración nas que contanhistorias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Pezas:

– Goodbye Salazar Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, Brais García e Anxo Manoel

– Do descanso:  de peito Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan:María Grandío, Raquel López Cendán, Elvira Velasco e Brian Rodríguez.

– Disfunción pública Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Elvira Velasco, María Grandío, Brian Rodríguez e Raquel López Cendán.

– Con boa estrela Escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: María Grandío, Isa Herrero e Elvira Velasco.

Comparte éste artículo
No hay comentarios